A Xera... o labor, a tarefa. Aquí comeza a historia dunha idea da que o musical só é unha parte. Unha parte da experiencia que é un soño baixo o fresno, ou o vento desde o monte Sueve arrastrando os seus recordos; unha parte das palabras apagadas de 80 anos vendo a terra parir e devolver todo o traballo; unha parte do bico da romaría convertido en bágoas centenarias; unha parte das palabras que se usaban para expresar todas estas sensacións.
Palabras, cores e cheiros que nos enriquecen e ensínannos as múltiples caras daquilo que nos viu nacer, entre polas, ceos, ventos e flores; entre ríos e montañas, únicas en cada anaquiño de terra.
A Xera é evitar que isto se perda e concentra as súas ideas nun pensamento denominado "Interculturalismo". Con el desaparece connotación restrictiva algunha, en prol dunha defensa acérrima da diversidade; en prol da conservación e promoción de todas as culturas veciñas á nosa e liberadas dos prexuicios dos seus respectivos gobernos.
Unha visión cultural que ligamos de raíz á orixe do seu pensamento: a convivencia directa coa natureza.
O "Interculturalismo" ao que se acolle Xera co seu símbolo, representa a unión de pobo e terra, e o seu dereito a ser recoñecido e protexido en cada punto do globo.
Das emocións do pobo e da súa terra, nace o son de Xera que, empregando como base a experiencia asturiana, fai extensivo a mensaxe de universalidade que pretende a todos os pobos do mundo, animándolles a que se aprecien na súa xusta medida, e a que protexan unha terra e unha historia necesarias para o mundo.